Skip to content Skip to menu Skip to footer

A Fundación Empresa Universidad Gallega é a porta que franquean miles de universitarios galegos para acceder ao mercado laboral. Tamén é a ferramenta para que as empresas renoven os seus cadros de persoal co mellor capital humano dispoñible. A utilidade das bolsas FEUGA resulta evidente: o 67,40% dos titulados encontraron emprego logo de realizar a súa estancia en prácticas. DOUS PROGRAMAS UNIVERSITARIOS A fundación estrutura a súa actividade no eido das bolsas a través de dous programas: BOLSAS DE FORMACIÓN (PBF) O Programa de Bolsas de Formación (PBF) está dirixido a titulados en centros universitarios galegos que pretenden completar a súa formación sendo acollidos en empresas e con apoio de titor, durante períodos de tempo diversos segundo os casos. As bolsas están dotadas cun mínimo mensual de 605,00 euros. O 96% dos bolseiros e mailo 95% dos empresarios decláranse satisfeitos da experiencia. BOLSAS DE PRÁCTICAS (PBE) Reservadas para estudantes que queren achegarse ao mundo lab

Údaje o organizácii
Website(s):

Event participation(s)