Skip to content Skip to menu Skip to footer

A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) ten por finalidade primordial cooperar co cumprimento dos fins propios da Universidade de Vigo, ben por propia iniciativa, ben por medio das encomendas que a mesma lle realice. En particular a FUVI ten como obxectivos: Apoiar e promover a actividade emprendedora da Universidade de Vigo, así como actuacións de fomento do emprego do estudantado universitario. Desenvolver aquelas iniciativas que favorezan a actividade de extensión universitaria e a cooperación internacional da Universidade de Vigo. Promover e realizar actividades de formación non regrada co fin de lograr as máximas cotas de calidade de docencia e investigación. Fomentar e promover a cooperación entre a Universidade de Vigo e o sector empresarial, entidades e institucións da máis variada natureza. A promoción e comunicación da formación, investigación e actividades da Universidade de Vigo. A principais liñas de actuación da Fundación son as seguintes: a) Emprego e emprendemento Xestión das prácticas académicas extracurriculares do alumnado da Universidade de Vigo en entidades privadas e públicas, apoiando deste xeito a práctica profesional do estudantado e a súa inserción laboral. No ámbito do emprendemento préstase apoio e asesoramento na realización de plans de empresa, na posta en marcha dos proxectos e realízanse os informes técnicos para a tramitación do programa da Xunta de Galicia de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBTs). b) Formación complementaria Linguas. No Centro de Linguas (CdL) impártense clases de máis de 10 idiomas, prepáranse e realízanse exames de acreditación oficial de linguas, e impártese formación especializada e a medida. Emprego e emprendemento. A FUVI realiza seminarios de formación de técnicas de busca de emprego, competencias transversais e de emprendemento, co obxectivo de apoiar a inserción laboral do estudantado e a posta en marcha de iniciativas empresariais. c) Difusión e promoción de actividades Diario da Universidade de Vigo (DUVI), que ten como obxectivo principal achegar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral as actuacións e actividades máis relevantes da Universidade de Vigo como administración pública ao servizo da cidadanía.

Organisation details
Contact details:
Website(s):

Event participation(s)

Participating: Online